Noticias

O PSdeG esixe manter e reforzar a unidade postcovid do CHUO

O grupo municipal socialista de Ourense, xunto ás deputadas do PSdeG no Congreso e no Parlamento galego, reuniuse coa asociación de doentes afectados por covid persistente para amosar o seu apoio tras o recente peche da unidade multidisciplinar do CHUO que os atendía.

As socialistas esixiron á Xunta que reconsidere a súa decisión e que se reorganice a atención postcovid en función da demanda real.

O PSdeG esixe manter e reforzar a unidade postcovid do CHUO

A voceira municipal, Natalia González Benéitez; a deputada no Congreso, Marga Martín Rodríguez; e a parlamentaria autonómica, Carmen Rodríguez Dacosta, defenderon a necesidade de garantir unha atención sanitaria digna para as persoas afectadas por esta enfermidade crónica, multiorgánica e altamente incapacitante, que segundo a OMS afecta ata un 5% dos contaxiados, o que supón arredor de 70.000 persoas en Galicia.

Debemos respaldar as demandas deste colectivo, que xa rexistrou máis de 1.700 sinaturas para reverter o peche da unidade. É hora de que o PP revirta a súa política de desmantelamento da sanidade en Ourense”, afirmou González Benéitez.

Carmen Rodríguez Dacosta lembrou que as persoas afectadas presentan secuelas graves e necesitan atención dun equipo multidisciplinar especializado. “A proposta da Xerencia rompe a atención integral que tiñan ata o de agora”, advertiu.

O PSdeG esixe manter e reforzar a unidade postcovid do CHUO
Foto: PSdeG-PSOE

As representantes socialistas alertaron de que a covid persistente é unha enfermidade emerxente, cunha ampla variedade de síntomas e que pode afectar a todos os sistemas do corpo, incluíndo o nervioso, cardiovascular ou inmunolóxico. Por iso, consideran que a unidade non só non debería desaparecer, senón reforzarse. Ademais, propuxeron a creación dun censo territorial de afectados e a formación específica do persoal sanitario nos centros onde se detecten casos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.