Noticias

O PSdeG propón recuperar “La Molinera” como centro de innovación e participación

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense defenderá no próximo pleno ordinario de agosto unha moción para instar ao goberno local a recuperar o uso orixinal do edificio de “La Molinera” como centro de innovación, tecnoloxía, emprendemento e participación cidadá, descartando a súa conversión en novas oficinas administrativas.

Os socialistas levarán ao pleno de agosto unha moción para reverter o cambio de uso impulsado por Jácome.

O PSdeG propón recuperar “La Molinera” como centro de innovación e participación

O edil do PSdeG José Ángel Vázquez Barquero lembrou que este espazo naceu como unha iniciativa do goberno bipartito PSdeG-BNG no mandato 2007-2011. Atendía este proxecto a unha demanda veciñal para dar un uso público ás antigas instalacións da panificadora “La Molinera”.

O PSdeG propón recuperar “La Molinera” como centro de innovación e participación

O proxecto, financiado polo Ministerio de Industria, tiña como obxectivo implantar en Ourense un centro de innovación social ao estilo doutros que xa funcionaban a nivel estatal e internacional.

Na moción, xa rexistrada para o seu debate, os socialistas critican que o proxecto se truncase en 2019 coa decisión do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de trasladar o contido da “Molinera” a un novo complexo cultural en San Francisco e utilizar o edificio como sede do Centro de Intelixencia Artificial. Esta decisión, segundo Barquero, foi rexeitada pola oposición e derivou na “desarticulación do centro de coñecemento”, supoñendo unha perda significativa para Ourense.

O PSdeG lembra tamén que o propio alcalde anunciou hai tres anos o peche do Centro de Intelixencia Artificial, xustificando a decisión pola falta de apoio institucional. Segundo Barquero, “a única herdanza do proxecto foi a contratación precaria de once enxeñeiros informáticos, sen un verdadeiro impulso para o desenvolvemento da cidade”.

Diante desta situación, os socialistas non só reclaman devolver ao edificio o seu uso inicial, senón tamén a posta en marcha dun programa anual denominado “Ourense Innova”. Esta iniciativa incluiría formación en competencias dixitais e novos oficios, talleres interxeracionais, actividades para a mocidade creadora, apoio a iniciativas cidadás, coworking para emprendedores, e colaboracións con centros educativos, universidades e entidades sociais.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.