Noticias

Os socialistas alertan da perda de fondos en Ourense

O PSdeG advirte do risco de perda de fondos destinados a investimentos estratéxicos na cidade e acusa ao goberno municipal dunha grave falta de planificación, control e responsabilidade política.

As socialistas denuncian que varios expedientes chegaron a un pleno extraordinario e urxente nun contexto límite, con discrepancias técnicas relevantes entre órganos municipais e sen información clara sobre a xustificación real dos fondos.

Os socialistas alertan da perda de fondos en Ourense

Segundo expón o grupo municipal socialista, existen actuacións xa executadas materialmente que se debateron no pleno sen que os grupos municipais dispuxesen dun informe completo, rigoroso e transparente sobre o seu estado administrativo e financeiro.

Os socialistas alertan da perda de fondos en Ourense

A voceira municipal, Natália González, foi contundente ao sinalar que “non estamos ante un problema sobrevido nin inevitable, senón ante o resultado directo dunha xestión política deficiente, que conduce á cidade ao bordo da perda de fondos públicos esenciais para investimentos xa executados e de interese xeral”.

As socialistas consideran que a convocatoria dun pleno nestas condicións non pode servir para agochar responsabilidades nin para normalizar a improvisación como forma de goberno, e advirten de que a situación supón un risco económico real para o Concello e para a cidadanía.

Publicaciones relacionadas

Por todo isto, o PSdeG esixe a comparecencia urxente do goberno municipal, coa presentación dun informe técnico e político exhaustivo que dea resposta, cando menos, a varias cuestións clave: o desglose da situación actual dos investimentos afectados a subvencións, co seu estado de execución, pago e xustificación; o estado exacto de cada fondo estatal; os prazos de execución e xustificación e o momento no que se produciron os incumprimentos; as decisións políticas adoptadas e quen as asumiu; o impacto económico no caso dunha perda total ou parcial dos fondos; e as medidas correctoras inmediatas e estruturais para evitar que se repita unha situación semellante.

Desde o grupo socialista insisten en que a xestión dos fondos públicos non pode seguir baseándose na opacidade nin na falta de previsión, xa que o que está en xogo é diñeiro público, credibilidade institucional e respecto pola cidadanía. As explicacións, conclúen, chegan tarde, pero son obrigatorias, e as responsabilidades políticas, inevitables.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.