A problemática dos longos atrasos na tramitación das prestacións de dependencia centrou esta mañá a reunión entre a secretaria de Política Social da Executiva Nacional Galega do PSdeG e portavoz socialista no Concello de Ourense, Natalia González, a deputada autonómica Silvia Longueira e representantes da plataforma Emerxencia Dependencia, que acudiron ao Parlamento galego para expoñer as súas demandas.
Segundo sinalou o PSdeG tras analizar a situación das diferentes provincias galegas, é “urxente abordar” unha realidade na que as persoas dependentes poden chegar a esperar ata un ano por unhas prestacións que a lei fixa que deben resolverse en 180 días.
O PSdeG reclama urxencia para resolver os atrasos na dependencia
No encontro tamén se tratou a precariedade das traballadoras e traballadores do SAF, outra das preocupacións trasladadas pola plataforma.

“Non é asumible que quen máis apoio precisa permaneza meses e meses sen resposta administrativa”, trasladaron desde o PSdeG, recollendo as reivindicacións da entidade.