O PSdeG-PSOE lanza as súas propostas no ámbito cultural para as eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio.
A primeira das decisións que tomará o candidato Paco Rodríguez si chega ó goberno municipal será recuperar o nome e as funcións orixinais da concellería.
O PSdG-PSOE lanza as súas propostas no ámbito cultural
O candidato estivo acompañado no acto por Manuel Freire e José Ramón Morgade, integrantes da candidatura socialista en Ourense.
Entre as propostas anunciadas destacan a recuperación do Outono Fotográfico, reabrir o espazo Lusquiños e un bono cultural redistributivo. Este último permitiría ás persoas máis desfavorecidas poder asistir a actos culturais como obras de teatro ou concertos.
Manuel Freire destacou que «é importante lembrar que a ausencia de cultura no afectou só aos espectadores e cidadáns que foron privados dunha oferta ampla, variada e para tódolos públicos. Tamén perxudicou ás empresas que se adicaban a este sector e tiveron que buscar traballo noutros lugares».

José Ramón Morgade puxo sobre a mesa a posibilidade de que Ourense opte a ser Capital Europea da Cultura no 2031. «Xa hai outras cidades de España traballando para conseguir esa capitalidade e nós teriamos que poñernos a elo rapidamente para chegar en tempo e prazo ao 2025, que é cando hai que presentar a candidatura». Para este fin, o concello elaboraría o plan «Auria 2031, cultura e auga». «Será un plan de traballo que marque os obxectivos, e estableza os tempos intermedios que se irán executando de maneira gradual».