Noticias

O PSOE pide unha campaña de concienciación sobre bicis e patinetes en Ourense

O Grupo Municipal Socialista anunciou a súa proposta para que o Concello de Ourense poña en marcha unha campaña de concienciación sobre o uso responsable de bicicletas e patinetes eléctricos.

A iniciativa, que será levada ao pleno de outubro, coincide coa Semana Europea da Mobilidade e co Día da Bici, e ten como obxectivo mellorar a convivencia no espazo urbano e reducir situacións de risco para peóns e usuarios.

O PSOE pide unha campaña de concienciación sobre bicis e patinetes en Ourense

As socialistas propoñen que a campaña se desenvolva en colaboración con centros educativos, asociacións veciñais e colectivos ciclistas, a fin de acadar unha maior difusión e impacto. Ademais, suxiren acompañala cun reforzo da sinalización e con accións preventivas por parte da Policía Local.

O PSOE pide unha campaña de concienciación sobre bicis e patinetes en Ourense

A mensaxe clave centraríase en lembrar que as beirarrúas son un espazo exclusivo para os peóns, que bicicletas e patinetes deben circular pola calzada respectando as normas de tráfico, e que é obrigatorio o uso do casco. Tamén se insistiría en que está prohibido conducir baixo os efectos do alcohol ou das drogas, así como levar auriculares ou empregar o móbil durante a condución.

É fundamental reforzar a información e a concienciación, porque moitas veces as infraccións non se producen por mala fe, senón por descoñecemento”, sinalaron desde o grupo municipal.

As socialistas tamén criticaron que, ata o de agora, as únicas medidas presentadas polo Concello para a Semana da Mobilidade sexan a gratuidade do transporte urbano e a posta en marcha dos radares e das cámaras no casco histórico. Consideran que estas accións “xa existen grazas ás axudas do Goberno de España nos últimos anos”.

Ourense necesita accións máis ambiciosas e concretas para fomentar unha mobilidade segura, sostible e inclusiva, na que non importe a idade, a capacidade física ou o barrio de residencia”, destacou a portavoz socialista Natalia González.

Segundo explicou, o obxectivo é “protexer tanto a quen utiliza patinetes e bicicletas como a quen se despraza a pé”, aproveitando a Semana da Mobilidade e o Día da Bici como “momento idóneo para dar un paso adiante e comprometerse cunha Ourense máis amable e respectuosa”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.