Noticias

O PSOE denuncia opacidade nas vivendas subastadas en Ribadavia

O PSOE de Ribadavia denuncia falta de transparencia do alcalde na xestión das vivendas subastadas mediante venda forzosa no municipio.

Desde o Grupo Municipal Socialista presentáronse preguntas por rexistro para coñecer se os inmobles teñen licenza en vigor, se iniciaron obras e se cumpren os prazos legais.

O PSOE denuncia opacidade nas vivendas subastadas en Ribadavia

Segundo explican, a resposta municipal limitouse a citar artigos legais e a enumerar propiedades xa coñecidas, sen datos concretos nin documentación.

O PSOE denuncia opacidade nas vivendas subastadas en Ribadavia

O alcalde sinala que “a situación administrativa respecto aos títulos habilitantes será comprobada polos servizos municipais”. Para o PSOE, esta afirmación xera dúbidas sobre o seguimento real dos expedientes.

Os socialistas tamén cuestionan a interpretación do prazo de nove meses para iniciar as obras, que —segundo o goberno local— comezaría tras os informes sectoriais. Ao seu xuízo, isto pode converter o prazo nun período indefinido.

Desde o grupo esixen información pública e verificable sobre cada inmoble, control dos prazos e transparencia na política de rehabilitación de vivenda en Ribadavia.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.