Noticias

O PSOE de Ourense fai balance do primeiro semestre de 2024

O PSdeG-PSOE de Ourense fai balance do primeiro semestre de 2024 e establece as liñas de traballo para o que resta de ano.

Natalia González Benéitez, secretaria xeral do partido na cidade, e José Ramón Fernández Morgade, secretario de Organización, tomaron a palabra na asemblea ordinaria da agrupación municipal.

O PSOE de Ourense fai balance do primeiro semestre de 2024

González Benéitez fixo un resumo das mocións presentadas nos plenos municipais durante os últimos meses. O regulamento de cerimonias civís, un plan de saúde mental para adolescentes, programas de conciliación, Comedor sobre Rodas ou as obras necesarias no edificio que acollía o Centro de Información Municipal á Muller son algunhas das iniciativas presentadas.

O PSOE de Ourense fai balance do primeiro semestre de 2024
Foto: PSOE de Ourense

Natalia González tamén aproveitou a ocasión para agradecer o traballo das xuventudes socialistas durante os procesos electorais e a colaboración prestada polas deputadas Carmen Rodríguez Dacosta (Parlamento de Galicia) e Marga Martín Rodríguez (Congreso).

Durante a asemblea tamén tivo un espazo destacado a recente sentenza na que se condena ó alcalde de Ourense, Pérez Jácome, por vulneración dos dereitos fundamentais e da participación política da portavoz socialista. «Considerabamos importante non só facer oposición, senón intentar todo aquelo que estea nas nosas mans para devolver o respecto e a institucionalidade ao salón de plenos da terceira cidade de Galicia. Non podemos consentir que se minta, falte ao respecto e difame» indicou sobre esta sentenza.

O PSOE de Ourense fai balance do primeiro semestre de 2024
Foto: PSOE de Ourense

Para rematar, González Benéitez mostrou un adianto dos próximos actos organizados pola agrupación municipal. Os actos de homenaxe a Manuel Suárez, Eduardo Blanco-Amor ou o 128 aniversario da agrupación forman parte da axenda dos próximos meses.

Botón volver arriba