Noticias

O PSOE de Ourense pedirá axudas para o comercio e arranxar a zona do rianxo

O PSOE de Ourense pedirá á Xunta de Galicia axudas para o comercio e fondos para arranxar a zona do rianxo.

A deputada socialista pola provincia de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, presentará varias iniciativas no Parlamento de Galicia.

O PSOE de Ourense pedirá axudas para o comercio e arranxar a zona do rianxo

«Ten unha forma de axudar á cidade e é poñendo enriba da mesa o presuposto axeitado para conseguir que se arranxe o rianxo e este lugar emblemático estea, por fin, a disposición da veciñanza e dos e das praceiras» indica Rodríguez Dacosta dirixíndose ó responsable de Comercio, Emprego e Emigración.

O PSOE de Ourense pedirá axudas para o comercio e arranxar a zona do rianxo
Foto: PSOE de Ourense

Tamén pedirá Rodríguez Dacosta que esta consellería, dirixida polo Ourensán José González, estableza estratexias para dinamizar o sector comercial en Ourense. «No último ano case 300 autónomos déronse de baixa da Seguridade Social na nosa provincia e deles, aproximadamente, a metade eran comerciantes».

Botón volver arriba