O PSOE pide unha ampla mobilización nas eleccións europeas que se celebran este domingo, 9 de xuño, nas que «Ourense xógase moito».
No último acto da campaña electoral, os representantes socialistas pediron loitar por unha Europa «máis xusta, democrática, igualitaria, que respecte o medio ambiente e que promova investimentos en infraestruturas, sanidade, educación ou dependencia».
O PSOE pide unha ampla mobilización nas eleccións europeas
Lorena Guerra Vigo, candidata socialista ó Parlamento Europeo indicou que «temos dúas opcións unha Europa de avances ou de retrocesos, unha Europa dos dereitos, as liberdades a paz ou a xustiza social ou unha Europa que nos quere impoñer unha axenda regresiva da man da dereita e a ultradereita».
Guerra Vigo pediu «aos ourensáns e as ourensás a mobilizarse o domingo e a apostar por un proxecto europeo». Este proxecto socialista está «enfocado ás políticas sociais, ao feminismo e as políticas verdes, un proxecto que traballe pola paz».
O candidato ó Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, destacou que «Europa xógase moito este domingo, e Galicia e España tamén».