O PSdeG-PSOE propón un compromiso para a reapertura da Praza de Abastos da Alameda de Ourense para que o público e os traballadores recuperen o uso deste espazo.
«É unha magoa que, despois do fermoso que quedou o edificio trala restauración, siga pechado e ninguén saiba que vai pasar con el e coa súa contorna, onde se colocan os e as demais comerciantes. A cidadanía ten que revolverse contra esta situación» indicou Paco Rodríguez.
O PSOE propón a reapertura da Praza de Abastos da Alameda
O candidato á alcaldía de Ourense mostrou a súa preocupación por non estar aproveitando as posibilidades deste espazo. «Todos coñecemos lugares coma este, noutras cidades, que teñen unha dinámica marabillosa e non está escrito en ningún lado que nós non poidamos telo tamén».