Noticias

O PSOE propón recuperar o casco histórico para o acceso á vivenda da mocidade

O PSdeG-PSOE de Ourense propón recuperar o casco histórico para facilitar o acceso á vivenda da mocidade ofrecendo vivendas dignas neste espazo da cidade.

De cara ás eleccións municipais do 28 de maio, o PSdeG-PSOE de Ourense avanzou as medidas que tomará en materia de vivenda.

O PSOE propón recuperar o casco histórico para o acceso á vivenda da mocidade

O candidato socialista, Paco Rodríguez, estivo acompañado dos integrantes da candidatura Alfonso Pavón e Alba Iglesias. A principal medida presentada é adherirse ó Plan Rexurbe da Xunta de Galicia para recuperar o casco histórico de Ourense.

Este plan permitiría recibir fondos das institucións supramunicipais. «Unha vez quede oficialmente declarado, poderemos iniciar o plan de dinamización para fomentar no só a instalación de veciños, senón tamén de máis negocios e autónomos» recordou Alfonso Pavón.

O PSOE propón recuperar o casco histórico para o acceso á vivenda da mocidade
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

Cun 50% de vivendas valeiras e un 10% en estado de ruína, o Partido Socialista propón actuar con urxencia. «Despois de tantos anos de abandono cómpre unha urxente, realista e efectiva política que nos permita acadar, no 2027, un parque público de 400 vivendas emprazadas no centro da cidade».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.