Noticias

O PSOE propón a remodelación integral do Parque da Alameda de A Ponte

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense levará ao vindeiro Pleno unha moción para instar ao Goberno municipal a redactar e executar un proxecto de remodelación integral do Parque da Alameda do barrio de A Ponte, o máis simbólico da zona e en evidente estado de abandono.

A voceira socialista Natalia González reclama actuación urxente no espazo máis emblemático do barrio.

O PSOE propón a remodelación integral do Parque da Alameda de A Ponte

A proposta foi presentada pola voceira socialista, Natalia González Benéitez. O texto lembra que o parque foi inaugurado o 18 de xullo de 1968, sobre os terreos da antiga segunda estación ferroviaria de Canedo, e destaca o seu valor como espazo público clave para a veciñanza.

O PSOE propón a remodelación integral do Parque da Alameda de A Ponte
Natalia González. Voceira do PSdeG de Ourense. Foto: PSdG

O parque ocupa máis de 3.300 metros cadrados e conta cunha fonte luminosa, zonas infantís, aparellos biosaudables, mobiliario urbano e unha importante masa arbórea. Porén, segundo denuncia o PSOE, hoxe presenta un aspecto “descoidado e degradado”. Este espazo conta con xogos infantís deteriorados, papeleiras rotas, maleza, a fonte inoperativa e pintadas nos seus arredores.

O parque da Alameda é un lugar de encontro interxeracional para os pontinos e pontinas e merece unha actuación en profundidade, non un simple lavado de cara ou arranxos puntuais que non resolven nada”, afirma González Benéitez, en referencia crítica á intervención realizada durante o mandato de Jesús Vázquez.

O acordo da moción solicita que a redacción do proxecto e a súa execución estean recollidas nos Orzamentos municipais de 2025. González Benéitez solicita que estes orzamentos conten cunha partida económica específica para este fin.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.