Noticias

O PSOE denuncia o estado da OU-504 en Ribadavia

O PSOE de Ribadavia denuncia o estado da estrada OU-504 entre San Cristovo e San Cristovo de Cea e responsabiliza ao alcalde da falta de solucións.

Desde o Grupo Socialista cualifican de “lamentable e perigoso” o estado desta vía. Esta presenta fochancas de gran tamaño, firme deteriorado, pedras soltas e sinalización provisional con conos ao longo do trazado.

O PSOE denuncia o estado da OU-504 en Ribadavia

Segundo o comunicado, a situación non responde ás últimas choivas, senón a unha falta de actuación prolongada no tempo. Os socialistas sinalan que, aínda que a estrada é competencia da Xunta de Galicia, o alcalde debe reclamar con firmeza unha intervención urxente.

O PSOE denuncia o estado da OU-504 en Ribadavia
Foto: PSdG de Ribadavia

Denuncian tamén os riscos para a seguridade viaria, con golpes nos vehículos, perigo de reventóns e perda de control. Critican que a única medida adoptada fose colocar conos, convertendo a circulación nun “eslalon” que incrementa a inseguridade.

Foto: PSdG de Ribadavia

O PSOE esixe ao rexedor que inste de inmediato á Xunta á reparación integral da OU-504 e que abandone o que consideran unha actitude de pasividade.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.