Noticias

O PSOE de Ribadavia denuncia a perda doutra subvención para o punto limpo

O PSOE de Ribadavia denuncia que o goberno municipal perdeu por segundo ano consecutivo unha subvención de 40.000 euros destinada ao acondicionamento do punto limpo da Foz, unha infraestrutura que continúa pechada e sen prestar servizo á veciñanza.

Segundo explican as e os socialistas, a Xunta de Galicia volveu denegar a axuda porque o proxecto non cumpre os requisitos necesarios para obter a licenza de actividade.

O PSOE de Ribadavia denuncia a perda doutra subvención para o punto limpo

O principal problema segue sendo o acceso ao punto limpo desde a estrada OU-0305, titularidade da Deputación de Ourense, que non cumpre as condicións técnicas necesarias para a manobra dos camións.

O PSOE de Ribadavia denuncia a perda doutra subvención para o punto limpo
Foto: PSdG Ribadavia

Nun informe da Deputación datado o 9 de marzo de 2026, emitido tras consultas realizadas polo grupo socialista, indícase que “non consta que se teñan realizado as obras” necesarias na estrada para cumprir coa autorización sectorial de acceso á instalación.

Esta situación provoca que o punto limpo non poida obter a licenza de actividade, requisito imprescindible para acceder á subvención autonómica, polo que a axuda foi denegada por segunda vez consecutiva.

Ademais, os socialistas sinalan que o Concello xa executou traballos por valor de 40.000 euros antes de recibir a subvención, polo que agora Ribadavia perde esa axuda mentres o punto limpo continúa pechado e a veciñanza debe desprazarse a outros municipios para depositar residuos.

Desde o PSOE lembran que un punto limpo é un servizo básico municipal e critican que, tras máis de 150.000 euros investidos na zona da Foz, a infraestrutura siga sen funcionar.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.