Noticias

O PSOE solicita novos orzamentos no concello de Ourense

O grupo municipal do PSdG-PSOE solicita novos orzamentos no concello de Ourense para por fin á problemática das concesións municipais.

«Isto é algo do que vimos avisando hai moito tempo e ter as concesións en precario implica que non se poda esixir unha prestación dos servizos adecuada e eficiente», sinalan desde o Partido Socialista.

O PSOE solicita novos orzamentos no concello de Ourense

Trala aprobación de oito modificacións orzamentarias por un importe de vinte millóns de euros, o concello puxo en marcha unha nova modificación. Este novo expediente ten un importe de dezaseis millóns de euros e permitirá asumir ás débedas coa empresa de transporte urbano.

O PSOE solicita novos orzamentos no concello de Ourense

«Moitas das facturas que van facendo aumentar o período medio de pago a provedores correspóndense coas grandes concesións en precario, como o alumeamento, a limpeza ou o lixo, por poñer algúns exemplos» lembran desde o grupo socialista.

Botón volver arriba