Deportes

O PSOE solicita unha pantalla xigante para ver á selección feminina

O PSdeG-PSOE de Ourense solicita ó concello a instalación dunha pantalla xigante para ver á selección feminina este domingo.

«Para nós é unha iniciativa de apoio á selección española e ao deporte feminino nun día histórico para o fútbol do noso país», indicou Natalia González, voceira socialista no concello de Ourense.

O PSOE solicita unha pantalla xigante para ver á selección feminina

O partido que enfrontará á selección nacional con Inglaterra é a final do Campionato do Mundo de fútbol feminino e supón un acontecemento histórico para o deporte nacional. A partir das 12h deste domingo, 20 de agosto, as xogadoras da selección española disputarán este encontro no Accor Stadium de Sidney.

O PSOE solicita unha pantalla xigante para ver á selección feminina

Cidades coma Pontevedra ou A Coruña xa adiantaron a intención de situar pantallas xigantes nas prazas para que os veciños poidan gozar co partido.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.