Que deputados representarán á provincia de Ourense no Parlamento de Galicia trala celebración das eleccións autonómicas do 18 de febreiro de 2024?
Os galegos e galegas votaron e decidiron que o Partido Popular siga gobernando a Xunta de Galicia cunha maioría absoluta.
Que deputados representarán a Ourense no Parlamento de Galicia?
A falta do escrutinio do voto exterior, o PP non terá que chegar a ningún tipo de pacto para seguir a gobernar a Comunidade de Galicia.
Na provincia de Ourense, o PP mantivo a súa representación cun total de 8 deputados dos 14 que se elixen nesta provincia. O BNG aumenta a súa presenza ó pasar de 3 a 4 deputados mentres que o PSdeG-PSOE reduce a súa participación ó perder dous dos tres deputados que tiña no anterior periodo. Democracia Ourensana entra por primeira vez no Parlamento de Galicia con Armando Ojea a pesar de non lograr ser decisivos na formación do futuro goberno autonómico.
Deputados por Ourense no Parlamento de Galicia 2024-2028
PARTIDO POPULAR (PP)
1. Elena Rivo López
2. María Victoria Núñez López
3. José González Vázquez
4. Miguel Ángel Santalices Vieira
5. Gabriel Alén Castro
6. Noelia Pérez López
7. Antonio Rodríguez Miranda
8. María Sol Díaz Mouteira
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)
1. Noa Presas Bergantiños
2. Iago Tabarés Pérez-Piñeiro
3. Sonia Vidal Lamas
4. Secundino Fernández Fernández
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE)
1. María del Carmen Rodríguez Dacosta
DEMOCRACIA OURENSANA (DO)
1. Armando Ojea Bouzo