Colaboraciones

Quen e por que pode alguén estar contra reivindicar e defender a Democracia, dereitos e liberdades?

Quen e por que pode alguén estar contra reivindicar e defender a Democracia, dereitos e liberdades?Xosé Lois Carrión (Secretario de Memoria Histórica e Dereitos Humanos da CEM do PSdeG Ourense)

O proxecto de lei de Memoria Democrática centrada no protagonismo e reparación integral das vítimas da guerra civil e a ditadura aprobada no Congreso, con 173 votos a favor, 159 en contra e 14 abstencións, pasará tramitación agora no Senado.

E que pretende esa futura lei?

Entre outras cousas, a recuperación, salvagarda e difusión da memoria democrática, entendida esta como coñecemento da reivindicación e defensa dos valores democráticos e os dereitos e liberdades fundamentais ao longo da historia contemporánea de España.

Quen e por que pode alguén estar contra reivindicar e defender a Democracia, dereitos e liberdades?

Fomentar a cohesión e solidariedade entre as diversas xeracións ao redor dos principios, valores e liberdades constitucionais.

Recoñecemento de quen padeceu persecución ou violencia, por razóns políticas, ideolóxicas, de pensamento ou opinión, de conciencia ou crenza relixiosa, de orientación e identidade sexual, desde o golpe de estado do 18 de xullo de 1936 ata a entrada en vigor da Constitución Española de 1978.

Promover a reparación moral e a recuperación da memoria persoal, familiar e colectiva das vítimas.

Quen e por que pode alguén estar contra reivindicar e defender a Democracia dereitos e liberdades?
Xosé Lois Carrión

O réxime franquista é declarado ilegal.

Ilegais son tamén todos os tribunais creados despois do golpe de Estado de 1936; polo tanto, tamén son ilegais os xuízos e nulas as sentenzas por razóns políticas, ideolóxicas, de conciencia ou crenza relixiosa ditadas polos golpistas.

Todas as leis do Estado español interpretaranse e aplicaranse de conformidade co Dereito Internacional Humanitario, que sinala que os crimes de guerra, de lesa humanidade, xenocidio e tortura teñen a consideración de imprescritibles e non amnistiables.

Dereito ao recoñecemento e a reparación integral por parte do Estado das vítimas.

É recoñecida a política de persecución e represión contra as linguas e culturas galega, catalá, vasca, aragonesa, occitana e asturiana, así como ás persoas perseguidas por usalas.

Creación dun rexistro de vítimas.

Salientar o papel das mulleres humilladas, vexadas, violadas e/ou perseguidas polo réxime franquista para potenciar e mellorar o seu recordo.

Designación dunha comisión técnica estatal para que, no prazo dun ano, elabore un estudo ademais sobre os casos de vulneración de dereitos humanos a cidadáns e cidadás pola súa loita pola democracia entre a entrada en vigor da Constitución en 1978 e 1983, con reparacións económicos segundo cada caso.

Creación dun Banco estatal de ADN de vítimas e familiares, dependente do Ministerio de Xustiza. Buscarase tanto a persoas desaparecidas durante a guerra e a ditadura como a bebés roubados aos pais ao pouco de naceren.

O mapa de desaparecidos/as, que creará a Administración Xeral do Estado, irase actualizando periodicamente.

O Estado asume a responsabilidade de buscar, atopar e exhumar os restos de todas as persoas desaparecidas durante a guerra e a ditadura.

Creación do Consello Territorial como órgano de cooperación entre Estado e comunidades autónomas, con participación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Retirada da concesión de recoñecementos, honras e distincións incompatibles coa Democracia e/ou exalten a sublevación militar, a guerra e/ou a ditadura.

Supresión de títulos nobiliarios e grandezas de España concedidos de 1948 a 1978.

Modificación da Lei Orgánica reguladora do Dereito de Asociación para incluír como causa de disolución de asociacións que fagan apoloxía franquista, exalten o golpe de estado, ditadura, dirixentes e/ou humillen ás vítimas.

Creación do Inventario Estatal de Lugares de Memoria Democrática. Os monumentos e lugares vinculados ao franquismo serán resignificados como é o caso do conxunto monumental do Val de Cuelgamuros, que ademais deixará de denominarse ‘de los Caídos’.

Fíxase un réxime sancionador contra a destrución de fosas de vítimas da guerra e a ditadura, así como a convocatoria de actos ou campañas que inciten á exaltación persoal ou colectiva, da sublevación militar, da guerra e/ou da Ditadura e dirixentes.

O profesorado abordará durante a ESO e o Bacharelato temas de Memoria Democrática, que tamén estarán recollidos nos libros escolares.

Fíxanse días oficiais de Memoria:

  • 31 de outubro: Día de Recordo e Homenaxe a todas as vítimas, no que serán conmemoradas e recoñecerase a súa loita antifranquista.
  • 8 de maio: Día de Recordo e Homenaxe ás vítimas do exilio motivado tanto pola propia guerra como a posterior ditadura.  

Quen non cumpran con esta normativa poderán ser castigados con multas de 200 a 150.000 euros segundo a menor ou maior gravidade da infracción cometida.

Alguén no seu xuízo, san, pode estar en contra desta lei que reivindica e defende valores democráticos, dereitos e liberdades fundamentais ao longo da Historia contemporánea de España?

El/a, pensando nos seus propios intereses, saberá por que.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.