Eventos

Rapdavia (Comunidade activa) presenta a súa segunda edición

O proxecto Rapdavia (Comunidade activa) presenta a súa segunda edición que se celebrará este sábado, 15 de xuño, con diversas actividades.

Este evento é o resultado da confluencia da OMIX de Ribadavia, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, as áreas de Xuventude e Servizos do Concello de Ribadavia e a produtora Arteficción.

Rapdavia (Comunidade activa) presenta a súa segunda edición

O proxecto Comunidade Activa xurde no ano 2023 impulsado pola OMIX de Ribadavia cunha visión de futuro na que as cidades sufrirán unha revitalización ecolóxica. Deste proxecto naceron iniciativas como a que recentemente levaron a cabo un grupo de máis de 40 persoas que recuperaron e limparon a zona do Muíño de Ribadavia xunto á Ponte da Foz.

Rapdavia (Comunidade activa) presenta a súa segunda edición

Para dar visibilidade a este proxecto, impulsouse a unión con outros departamentos e entidades para crear o proxecto Rapdavia.

Na programación deste ano atopamos numerosas propostas que serán de balde.

  • Graffiti en directo co artista Dusem
  • Actuación do artista local ACHE
  • Concerto do artista de Maceda «O Pirata»
  • Actuación da Dj «Kalibass» de Barcelona
  • Actuación do Dj de Ribadavia «El Macius»
  • Actividades para crianzas -xices de cores con materiais orgánicos- (inscrición previa)
  • Batalla de Galos (inscrición previa)

Botón volver arriba