Noticias

PP e DO bloquean a reactivación do Comité Ético da Deputación de Ourense

O Partido Popular (PP) e Democracia Ourensá (DO) vetaron coa súa maioría a moción do Grupo Provincial Socialista para reactivar o Comité Ético da Deputación de Ourense, que leva case unha década paralizado.

A proposta reclamaba a activación urxente deste órgano, a creación dun procedemento transparente e independente para elixir os seus membros e medidas que garantisen a súa autonomía funcional e a publicación anual dun informe de actividades.

PP e DO bloquean a reactivación do Comité Ético da Deputación de Ourense

Durante o pleno provincial celebrado hoxe, a deputada socialista Elvira Lama defendeu a iniciativa, destacando que sería “un paso imprescindible para recuperar a confianza cidadá e garantir a existencia de mecanismos efectivos de control ético e institucional”.

Lama lamentou que “coma sempre, o PP optase por desviar a atención, reproducindo os discursos virulentos do seu partido en Madrid contra o Goberno central, fuxindo da realidade da Deputación e cun ton totalmente impropio”.

A socialista cualificou de “inaudita” a afirmación do PP de que “non é necesario un código ético porque os que se adican á política xa saben como se teñen que comportar”, e mostrou a súa “sorpresa” polas resistencias do grupo conservador a reactivar este mecanismo, que foi incluído na normativa provincial e leva inactivo desde a dimisión dos seus membros tras unha denuncia por acoso sexual.

Negarse a activar este mecanismo é negar á cidadanía o dereito a saber que quen exerce cargos públicos o fai baixo criterios éticos claros, supervisados e con consecuencias”, engadiu Lama, sinalando que “o PP prefire manter este baleiro institucional e agocharse tras discursos partidistas e escusas inxustificables”.

PP e DO bloquean a reactivación do Comité Ético da Deputación de Ourense
Foto: PSdeG-PSOE

O Grupo Socialista comprometeuse a seguir loitando por unha Deputación máis transparente, ética e con vocación de servizo público real. “Non deixaremos de insistir mentres continúe este desprezo pola rendición de contas e dignidade democrática da nosa provincia”, concluíu.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.