Noticias

O BNG alerta do impacto da reapertura da antiga Macao en Valle Inclán

“Macao”, está a provocar unha fonda inquietude entre a veciñanza, que asegura vivir nas últimas semanas unha situación “insostible” pola actividade do local.

A polémica comezou mesmo antes do 25 de outubro, data da súa inauguración, xa que o establecemento fora clausurado en 2019 por un Decreto municipal tras realizar obras que alteraban as condicións da licenza, ademais de contar con dous expedientes abertos, un de revogación e outro de reposición da legalidade.

O BNG alerta do impacto da reapertura da antiga Macao en Valle Inclán

O portavoz do BNG, Luís Seara, subliña que a situación está a reproducir os problemas que “a veciñanza da parte sur da zona histórica leva anos denunciando”.

O BNG alerta do impacto da reapertura da antiga Macao en Valle Inclán
Foto: BNG

Segundo explica, o exceso de ruído, a falta de seguridade, a conflitividade nocturna e o aumento do lixo están a provocar prexuízos físicos e psicolóxicos, así como a marcha progresiva de residentes. “A veciñanza de Valle Inclán está sufrindo o mesmo que levan anos padecendo outras zonas da cidade”, afirmou.

A formación nacionalista presentou unha moción para instar o Goberno local a actuar con rapidez, escoitar ás persoas afectadas e dar resposta ás numerosas queixas e denuncias rexistradas. Seara reclama que o Concello asuma responsabilidades e tome medidas efectivas para paliar o impacto da reapertura. “Queremos que o Goberno local atenda as súas peticións e actúe na medida do posíbel para frear as consecuencias que esta actividade está a causar”, insiste.

Publicaciones relacionadas

O BNG avoga tamén por ampliar o foco e actuar noutras áreas da cidade onde existen problemas asociados ao ocio nocturno. “Falamos hoxe da discoteca Desörden porque reactivou un conflito que semellaba superado, pero é necesario adoptar medidas en todas as zonas afectadas”, advirte Seara.

A moción insta o Concello a aplicar todas as medidas precisas para minimizar o impacto sobre a veciñanza, especialmente no relativo ao ruído, á seguridade, ao incremento da conflitividade e ao lixo xerado no exterior pola actividade do local, e pide que estas intervencións sexan extensivas a todo o municipio.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.