Noticias

As Rebuldeiras de Cenlle doan 1.200 euros á AECC Ourense

A Asociación Sociocultural As Rebuldeiras de Cenlle fixo entrega á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense dunha achega solidaria de 1.200 euros.

Esta cantidade foi recadad ao longo do ano mediante a venda de pulseiras e outros artigos nun mercadillo solidario celebrado no municipio.

As Rebuldeiras de Cenlle doan 1.200 euros á AECC Ourense

A doazón destinarase ao programa da AECC “Axudas económicas para situacións de emerxencia social de toda a provincia de Ourense”, que ofrece apoio a persoas con cancro en situación de vulnerabilidade. Esta iniciativa busca garantir que os pacientes poidan afrontar gastos básicos durante o proceso da enfermidade.

Durante o acto de entrega do cheque, o presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá, expresou o seu profundo agradecemento pola implicación e o compromiso de As Rebuldeiras de Cenlle, recoñecendo o seu exemplo de solidariedade.

As Rebuldeiras de Cenlle doan 1.200 euros á AECC Ourense
Foto: AECC

Desde a asociación cenllesa, subliñaron que esta acción foi posible grazas á participación da veciñanza e ao espírito colaborativo de toda a comunidade. Tamén reafirmaron o seu compromiso coas causas sociais e sanitarias que contribúan a mellorar a vida das persoas da contorna.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.