Noticias

Rebulir representará a Galicia no maior festival folk europeo de 2025

O Grupo de Música e Baile Tradicional Rebulir participará do 8 ao 18 de agosto no Festival Folk Azores, na Illa Terceira, o evento internacional de folclore máis importante de Europa este ano.

A cita reunirá 18 agrupacións de distintos países e conta co aval de CIOFF, organismo asociado á UNESCO que garante a calidade dos festivais culturais.

Rebulir representará a Galicia no maior festival folk europeo de 2025

Rebulir foi seleccionado tras presentarse ata en oito ocasións, nun proceso altamente competitivo que premia a excelencia artística. Esta participación supón un novo fito na súa proxección internacional, tras a súa presenza no Festival Interceltique de Lorient (Francia) en 2024.

Rebulir representará a Galicia no maior festival folk europeo de 2025
Foto: Rebulir

A expedición a Azores estará composta por 35 persoas entre músicos, cantareiras e corpo de baile. Este grupo levará unha mostra do folclore galego ao corazón do Atlántico. A actuación da agrupación ourensá servirá como escaparate da cultura tradicional galega ante un público global.

A traxectoria internacional de Rebulir fala por si soa: o grupo xa actuou en países como Francia, Hungría, Alemaña, Suíza ou Polonia, ademais de múltiples escenarios da xeografía española. Estes méritos fixéronlle merecedor de recoñecementos como o Premio Xabier Prado Lameiro e o Rodolfo Prada.

Con esta nova participación, Rebulir reafirma o seu compromiso coa defensa e difusión do patrimonio inmaterial galego, consolidándose como un dos principais embaixadores culturais de Galicia no mundo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.