Durante a feira de Xinzo de Limia produciuse a recollida de firmas contra a Mina Novo Frixo e sesións de información á cidadanía.
Esta iniciativa cidadá conta tamén co apoio das plataformas Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova e o Movemento Ecoloxista da Limia.
Recollida de firmas contra a Mina Novo Frixo
A recollida de firmas estará activa ata o domingo, 21 de xullo, en Xinzo de Limia, Allariz, Ourense, Bande, Sarreaus e Cualedro e Vilar de Santos.
A explotación Mina Novo Frixo supón un modelo de explotación industrial moi agresivo co territorio no que se implantará. Esta explotación afectará ós concellos de Sarreaus, Laza, Cualedro, Verín, Vilardevós e Oímbra.