Noticias

632 cans recollidos pola Rede Provincial en 2025

A Rede Provincial de canceiras recolleu en 2025 un total de 632 cans abandonados nos 86 concellos da provincia aos que presta servizo.

Do total, 113 foron devoltos aos seus propietarios, 453 foron adoptados e dous recibiron eutanasia terapéutica por indicación veterinaria.

632 cans recollidos pola Rede Provincial en 2025

O dispositivo actúa xeralmente nas 24:00 h posteriores ao aviso, o que permite unha intervención rápida. Ademais, outros 70 animais foron entregados directamente aos seus donos no lugar de recollida, polo que non constan no rexistro oficial.

632 cans recollidos pola Rede Provincial en 2025
Foto: Deputación de Ourense

Microchip e adopcións

A identificación con microchip resulta determinante: practicamente o 100% dos cans identificados regresan co seu propietario, mentres que só arredor do 10% dos non identificados logra ser devolto.

En canto ás adopcións, máis do 75% dos animais atopan fogar no primeiro mes tras cumprir o período legal de custodia, e preto do 95% no primeiro ano. Só un can leva máis de tres anos nun centro provincial, concretamente no da Rúa.

Papel das asociacións

As asociacións colaboradoras resultan claves, xa que xestionan máis do 76% das adopcións. Arume, no Carballiño, tramitou 270 adopcións —incluíndo cachorros, animais enfermos e senís— mentres que Agallas, en Xinzo de Limia, xestionou 85. Tamén colaboran Peludines sin suerte na Rúa e un particular en Muíños.

Os datos consolidan o traballo coordinado da Deputación e das protectoras para combater o abandono animal en Ourense e fomentar a adopción responsable de cans.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.