Noticias

O Pleno apoia a reforma urxente do CEIP Manuel Luis Acuña

O CEIP Manuel Luis Acuña da Carballeira centrará unha das actuacións prioritarias tras o respaldo do Pleno do Concello de Ourense á moción presentada polo grupo municipal socialista para impulsar a súa reforma integral e mellorar o mantemento das instalacións.

A iniciativa saíu adiante cos votos favorables de PSOE, BNG e Democracia Ourensana, mentres que o Partido Popular optou pola abstención.

O Pleno apoia a reforma urxente do CEIP Manuel Luis Acuña

O acordo plenario insta ao goberno local a asumir as actuacións de conservación que lle corresponden e a reclamar a execución da reforma estrutural pendente.

O Pleno apoia a reforma urxente do CEIP Manuel Luis Acuña

Durante o debate, a concelleira socialista Cristina Cruz denunciou o estado no que o alumnado recibe clase. Segundo expuxo, existen problemas de frío e humidades, así como deficiencias acumuladas que afectan ao día a día da comunidade educativa. A edil criticou que a reforma comprometida pola Xunta de Galicia non se materializase. Tamén cualificou de insuficientes os arranxos realizados polo Concello, ao que lle compete o mantemento ordinario do centro.

“Máis alá de medallas e anuncios grandilocuentes que logo quedan en nada, o realmente importante é actuar ante os riscos aos que se enfronta cada día a cativada”, afirmou Cruz no transcurso da sesión plenaria.

Publicaciones relacionadas

A socialista tamén puxo en valor o esforzo das nais e pais, así como do profesorado e persoal do colexio. Segundo indicou, colaboran de maneira desinteresada na mellora das instalacións, chegando a pintar espazos ou achegar material para as aulas ante a falta de solucións estruturais.

O PSdeG considera que a situación require unha resposta inmediata e coordinada entre administracións. Defende que o Concello debe garantir condicións dignas e seguras mentres non se execute a reforma integral. Os socialistas reclaman á Xunta que concrete investimentos e prazos.

Luz verde tamén para San Francisco

Na mesma sesión, o Pleno aprobou outra moción socialista para impulsar a rehabilitación da antiga igrexa de San Francisco. Esta sería a través da convocatoria do 2% cultural 2025 do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. Esta proposta contou cos votos a favor de PSOE, PP e BNG e coa abstención de Democracia Ourensana.

A voceira socialista, Natalia González, instou o goberno municipal a preparar e presentar un proxecto que permita recuperar o inmoble como espazo público cultural, social ou polivalente. “Investir en patrimonio é apostar polo futuro, crear actividade e emprego, e reforzar a identidade da cidade”, sinalou.

Con estas dúas iniciativas, o grupo socialista destaca que sitúa no centro do debate municipal tanto a calidade das infraestruturas educativas públicas como a posta en valor do patrimonio histórico da cidade.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.