Noticias

Concello e Xunta apostan por aliviar a calor en Ourense

O refuxio climático na avenida Otero Pedrayo dá un novo paso en Ourense tras a sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto, formalizaron esta mañá no Centro Cultural José Ángel Valente o acordo de colaboración para desenvolver este proxecto, que contará cun orzamento de 340.000 euros.

Concello e Xunta apostan por aliviar a calor en Ourense

A iniciativa permitirá executar diversas actuacións nesta importante arteria urbana co obxectivo de reducir o impacto da calor extrema e mellorar o confort térmico da cidadanía.

Concello e Xunta apostan por aliviar a calor en Ourense
Foto: Concello de Ourense

Segundo explicou a conselleira, o proxecto dispón do apoio e asesoramento estratéxico da universidade, o que achega unha base científica ás medidas que se van implantar para mitigar as altas temperaturas.

Durante o acto, Vázquez Mejuto salientou que este tipo de intervencións resultan clave nun contexto de cambio climático, xa que contribúen a crear espazos urbanos máis resilientes e adaptados ás novas condicións ambientais.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense lembrou que se trata dunha demanda histórica da cidade, recoñecida como a máis calorosa do norte de España. O rexedor agradeceu o investimento da Xunta, aínda que advertiu das limitacións da actuación: “Isto non vai acabar coa calor, pero si axudará a aliviala”. Ademais, instou tanto ao Goberno galego como ao estatal a manter unha colaboración continuada no tempo, máis alá de actuacións puntuais ou anuais.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.