Noticias

Os Remedios queda sen actividades dirixidas en Agosto

O Pavillón dos Remedios queda sen actividades dirixidas durante o mes de agosto segundo denuncia o grupo municipal do BNG no concello de Ourense.

«Durante todo o ano e por suposto, tamén no verán, son moitas as veciñas e veciños que asisten a estas actividades dirixidas que, por certo, xa decrecen en horas en período estival» indican desde a formación nacionalista.

Os Remedios queda sen actividades dirixidas en Agosto

Luís Seara, voceiro do BNG no concello critica o método escollido para anunciar a suspensión das clases dirixidas. «Non se informou correctamente desta mudanza nas actividades dirixidas e tanto oposición como veciñanza tivemos que enterarnos por un cartaz impreciso na porta do Pavillón dos Remedios», indica Seara, membro tamén do Consello Municipal de Deportes.

Os Remedios queda sen actividades dirixidas en Agosto

Estas actividades sufriron numerosos problemas durante o ano, con «falta de medios, de material, problemas co aire acondicionado ou coa calefacción foron unha constante todo o curso». Para o BNG, «agora xa se foi un paso máis aló, suspendéronse as actividades sen maior explicación».

Botón volver arriba