Sucesos

Unha cidadá e a Policía salvan a un home na Rúa Tangaraño

Axentes da Policía Local de Ourense evitaron na tarde do venres 5 de decembro a caída dun home desde a ponte situada sobre a estrada N-525, á altura da Rúa Tangaraño.

Esta intervención que resultou decisiva para preservar a súa integridade.

Unha cidadá e a Policía salvan a un home na Rúa Tangaraño

Segundo informou o 112, que deu o aviso ás 16:11 horas, a alerta activouse ao detectarse a presenza dunha persoa fóra da zona segura da ponte. Ao chegar, os policías localizaron un home de 53 anos en risco inminente de precipitarse, mentres unha cidadá o suxeitaba para impedir a caída.

Unha cidadá e a Policía salvan a un home na Rúa Tangaraño

Os axentes colaboraron de inmediato coa muller, agarraron e inmobilizaron o individuo e trasladárono á área segura da infraestrutura. A súa acción coordinada, xunto coa intervención da veciña, evitou que o home caese ao baleiro sobre a N-525.

Unha vez controlada a situación, os servizos sanitarios procederon ao traslado da persoa ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para a súa valoración médica.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.