Noticias

Resultados do V Concurso de interpretación Mestre Vide

Unha vez rematado, xa coñecemos os resultados do V Concurso de interpretación «Mestre Vide» que se celebrou onte, 6 de abril de 2024.

O conservatorio de Ourense organizou a 5ª edición do concurso de interpretación que leva o nome dunha das figuras máis relevantes da vida musical da provincia no último século.

Resultados do V Concurso de interpretación Mestre Vide

O alto nivel que posúe todo o alumnado que optaba a este concurso fixo necesario un proceso de preselección. Músicos de toda Galicia pasaron un primeiro corte do que saíron os finalistas do V Concurso de Interpretación «Mestre Vide».

Resultados do V Concurso de interpretación Mestre Vide

Durante a xornada do 6 de abril, nenos e nenas desde curtas idades foron pasando polo escenario do Auditorio do Conservatorio para mostrar ante os asistentes e o xurado do concurso o alto nivel musical desta edición.

O traballo que conservatorios e escolas de música realizan en Ourense e no resto de Galicia é fundamental para seguir avanzando nunha correcta formación do alumnado destes centros.

Premios do Concurso Mestre Vide

Os dous premios nas distintas categorías foron para:

  • 1º premio na Categoría A – Estela Rodríguez Rodríguez
  • 2º premio na Categoría A – Romeu Tembrás Sánchez
  • 1º premio na Categoría B – Miguel Varela Guzmán
  • 1º premio na Categoría B – Hugo Viceiro Díz
  • 2º premio na Categoría B – Lucas Fernández Escolante
  • 1º Premio na Categoría C – Izan Justo Calviño
  • 2º premio na Categoría C – Raquel Aydillo Pato

O xurado do V Concurso de Interpretación Mestre Vide tamén concedeu outros premios ós participantes deste evento.

  • Categoría A
    Premio do Público – Mikhail Merzlyakov Kostomarov e Estela Rodríguez Rodríguez
    Premio Mestre Vide – Clara de Asís García Dorado
  • Categoría B
    Premio do Púlbico – Diego Campos Meréns e Artai Isasi Vázquez
    Premio Mestre Vide – Lucas Fernández Escolante
  • Categoría C
    Premio do Público – Carlota García Rey
    Premio Mestre Vide – Raquel Aydillo Pato
    Mención de Honor – Leire González Serén

Botón volver arriba