Tivo lugar unha reunión de traballo na sede provincial do PSdeG-PSOE de Ourense na que participaron representantes de varios concellos.
Recoller suxestións para trasladarllas ós diferentes gobernos nacional, autonómico e provincial era o principal obxectivo da reunión.
Reunión de traballo na sede provincial do PSOE
Rafael Rodríguez Villarino, Senador e secretario xeral do PSOE de Ourense, Marga Martín, deputada no Congreso, e Carmen Rodríguez Dacosta, deputada no Parlamento de Galicia recolleron as inquedanzas dos representantes locais.
Entre os asistentes estaban os alcaldes de Barbadás, Coles, Taboadela ou Maceda así como concelleiros de varios concellos da comarca de Ourense. Entre as reclamacións dos representantes locais figuran «novas infraestuturas» e reforzar con «persoal suficiente os centros de saúde da bisbarra e servizos clave como a pediatría».
Unha vez rematada a reunión, os responsables indicaron que seguirán «percorrendo a provincia comarca a comarca para escoitar as inquedanzas dos municipios e dar traslado aos gobernos nacional e autonómico das diferentes demandas que teñen».