O concello de Ribadavia presenta «Concilia na Pascua», unha iniciativa que ten como finalidade facilitar a conciliación laboral e familiar durante a Semana Santa 2023.
O prazo de inscrición nesta actividade lúdica remata o xoves, 30 de marzo, e poderán anotarse nenos e nenas de 3 a 14 anos. As prazas ofertadas serán 40 tras aumentar en dez as prazas con respecto a 2022.
Ribadavia presenta «Concilia na Pascua»
As actividades que realizarán os nenos e nenas participantes terán un enfoque pedagóxico para acompañar a experiencia persoal que supón participar nesta actividade. O horario de Concilia na Pascua será de 9 a 14h os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023.
Os prezos da actividade son:
- Poboación en xeral
- empadroados – 20€
- non empadroados – 40€
- Familias numerosas. Familias monoparentais. Neno/a con discapacidade. Segundo ou máis irmáns
- empadroados – 10€
- non empadroados – 30€