Noticias

Ribadavia terá unha Semana Santa chea de actividades

O concello de Ribadavia terá unha Semana Santa chea de actividades que inclúen espectáculos de maxia, música, teatro e conciliación familiar.

A programación que o concello de Ribadavia vai realizar durante a Semana Santa de 2022 ten un claro enfoque cara o público infantil.

Ribadavia terá unha Semana Santa chea de actividades

Para colaborar a hora de conciliar a vida laboral co coidado dos menores, o concello organiza un programa de conciliación. Este servizo estará en funcionamento os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de 9 a 14h.

O resto de actividades previstas durante esas datas serán:

  • Programa “A arte dos monumentos”, do 14 ao 17 de abril,
    -visitas guiadas a:
    O Forno recuperado polo Concello no casco histórico,
    Edificio da Casa Consistorial,
    Igrexa de Santiago e
    Igrexa da Oliveira.
  • Programación no Auditorio de Ribadavia
    venres, 15 de abril: Rafa Fernández Trío (Jazz Galego),
    sábado, 16 de abril: «Loló e Mamá» (Teatro) de Ste Xeito Producións,
    domingo, 18 de abril: Asociación Magos do Ribeiro (maxia).
  • Música na rúa
Ribadavia terá unha Semana Santa chea de actividades

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba