Ribeiro en Común solicita retomar e impulsar o proxecto da nova escola infantil Galiña Azul de Ribadavia por parte da Xunta de Galicia.
Esta reivindicación ven motivada pola necesidade de garantir as prazas no curso 2024/25 para todas as familias que o soliciten.
Ribeiro en Común solicita retomar o proxecto da Galiña Azul de Ribadavia
Este proxecto aprobado fai catro anos e que contaba co compromiso da Xunta de Galicia está paralizado na actualidade. No seu momento, o concello de Ribadavia realizou a desafección da infraestrutura que serviría de nova escola Galiña Azul para polo a disposición da Xunta.
Ante esta situación, Ribeiro en Común solicitará no próximo pleno municipal a seguinte proposta:
- 1. O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta lle garanta praza a todas as familias que queiran matricularse no servizo de escola infantil Galiña Azul neste vindeiro curso 2024/25.
- 2. O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta recupere e impulse o anteproxecto presentado para a nova Galiña Azul no edificio do antigo Colexio da Alameda.
- 3. O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta teña en consideración as reivindicacións das traballadoras do Consorcio Galego de Benestar, e en concreto a das traballadoras da ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL DE RIBADAVIA.