A programación da Romaría da Saínza foi presentada este mércores en Rairiz de Veiga. O festexo, que se celebrará os días 19, 20, 21 e 24 de setembro, contará coa tradicional recreación do combate entre mouros e cristiáns, un dos momentos máis agardados polas persoas asistentes.
A alcaldesa, Asunción Morgade, destacou este encontro como “unha das celebracións máis senlleiras da Limia e, se mo permitides, da provincia de Ourense e de toda Galicia, coa que se despiden as grandes festas do verán”.
A Saínza prepara unha edición histórica coa recreación de mouros e cristiáns
No acto tamén participaron Ana Míguez, colaboradora esencial na organización, o capitán cristián Breogán Prieto e o mouro José Antonio Bretaña, encargado de dirixir o enfrontamento.
Morgade salientou que a Saínza “achega xa 185 anos de historia” e lembrou que o pleno municipal aprobou o inicio do expediente para a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional. “Animamos a todos a participar activamente para facer desta unha edición histórica”, apuntou.
O domingo 21 celebrarase a misa solemne ás 12:00 horas no Campo da Batalla, seguida da procesión e da recreación histórica do combate, prevista para as 12:45 horas. A programación inclúe ademais actividades infantís, oficios relixiosos e música con orquestras de primeiro nivel nacional.
A rexedora convidou veciñanza e visitantes a desfrutar do entorno da Carballa da Rocha e do espírito de convivencia que define a romaría: “Non hai mellor xeito de vivir A Saínza que mergullarse no seu ambiente único”.
Programa das Festas da Saínza 2025
A continuación, presentamos o programa das festas da Saínza que terán lugar do 19 ó 24 de setembro de 2025.
Xoves, 19 de setembro
- 17:00: Xogos Infantís con monitora
- 20:00: Actuación da orquestra LUCES DE BOHEMIA
- 21:30: Actuación da BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE RAÍZ DE VEIGA.
- 22:00: Actuación da orquestra LUCES DE BOHEMIA.
- 00:00: II Festival Saínza Soundsape (Discomóvil Gramola).
Venres, 20 de setembro
- 19:30: Procesión da Nosa Sra. da Mercé desde a Capela da Saínza á igrexa de San Xoán de Raíz de Veiga.
- 20:30: Actuación da orquestra LA OLA ADN.
- 23:45: Desfile do Exército Cristián desde a Capela da Saínza ó Castelo.
- 00:00: XVII Edición «Noite Moura: Asalto ao Castelo» por parte dos Mouros no Campo de Batalla.
- 00:30: Verbena coa orquestra LA OLA ADN
- 02:00: Actuación da Discoteca Móvil Apocalipsis On Tour
Sábado, 21 de septiembre
- 11:00: Descarga de bombas de palenque
- 11:30: Charanga LOS TAMEGA
- 11:30: Saída da Procesión desde a igrexa de San Xoán de Rairiz de Veiga ó Castelo da Saínza acompañada da BANDA DE GAITAS MUNICIPAL DE RAIRIZ DE VEIGA.
- 12:00 Misa solemne
- 12:45 GRAN COMBATE DE MOUROS E CRISTIÁNS
- 14:00: Sesión Vermú coa Charanga LOS TAMEGA.
- 17:00: Actuación da Charanga LOS TAMEGA.
- 18:30: Actuación da Orquesta PANORAMA CITY.
- 19:30: HOMENAXE a persoas destacadas na Romaría da Saínza
Martes, 24 de septiembre
- 12:15: Procesión da Nosa Sra. da Mercé desde a Capela
- 18:00: Actuación de ORO NEGRO.
