Eventos

Avantar celebra o Roteiro Manuel María e a Fo-Liada nas Letras Galegas

A Agrupación Cultural Avantar celebrará o 21 e 22 de maio unha nova edición do tradicional Roteiro Manuel María cos centros educativos do Carballiño, unha iniciativa que une literatura, territorio e identidade.

A actividade arrancará ás 11:00 horas no anfiteatro da igrexa da Veracruz e percorrerá diferentes espazos da vila seguindo os pasos do poemario Cantigueiro de Orcellón, co que o autor chairego homenaxeou esta comarca.

Avantar celebra o Roteiro Manuel María e a Fo-Liada nas Letras Galegas

Este roteiro literario, xa consolidado na programación do Mes das Letras Galegas, busca achegar ao alumnado a figura de Manuel María a través dunha lectura viva e contextualizada da súa obra, promovendo así o coñecemento do patrimonio local desde a creación poética.

Avantar celebra o Roteiro Manuel María e a Fo-Liada nas Letras Galegas

Como colofón ás actividades das Letras, o venres 24 de maio terá lugar unha nova edición da Fo-Liada, que converterá as rúas da localidade nun fervedoiro cultural a partir das 20:30 horas. Unha serie de establecementos de hostalaría funcionarán como puntos de encontro dun percorrido musical onde a tradición galega se mesturará con outros ritmos, nunha celebración aberta e festiva da cultura musical do país.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.