O venres, 22 de marzo, terá lugar o XI Roteiro Poético pola Vila de Allariz no que colaborarán varios establecementos da localidade.
Ponme un poema! poesía en barra é unha proposta cultural que atoparemos en Allariz o próximo venres.
Roteiro Poético pola Vila de Allariz
A partir das 20h, CLO PLAS, formado por Xiana Arias e Berio Molina realizarán Poesía polos Bares cunha ruta que comezará no local Fio de Liño. A segunda parada será no establecemento A Migalla e rematará na Despensa do Alarico.
Unha vez rematada esta ruta poética polos tres bares, a segunda cita será ás 22:45h no Roi Xordo. O grupo Nimbos ofrecerá un concerto e foliada neste establecemento.
