Eventos

Royal Tab organiza unha Xuntanza de Motos Clásicas

A entidade Royal Tab organiza unha Xuntanza de Motos Clásicas en Taboadela que se celebrará no Pavillón Municipal.

Comunicado de la organización: «Ante a previsión de mal tempo para o fin de semana decidimos aplazar a Xuntanza de Motos Clásicas que tiñamos previsto celebrar este domingo día 6 de Outubro, en canto teñamos nova fecha xa vos avisamos»

O 6 de outubro, Taboadela acollerá a I Xuntanza organizada por esta asociación e que contará cun xantar, unha ruta polo concello e unha iniciativa solidaria.

Royal Tab organiza unha Xuntanza de Motos Clásicas

A I Xuntanza de Motos Clásicas comezará ás 9h co recibimento no Pavillón Municipal de Taboadela. Será a partir das 10h cando se inicie unha ruta polas aldeas do concello. Tras regresar ó pavillón municipal sobre as 13h, os participantes compartirán un xantar ás 14h.

Ademais das actividades xa descritas, esta xuntanza contará coa participación da plataforma «Usuarios das Escolas Deportivas de Barbadás» que instalarán un posto solidario. A recadación deste posto será destinado á inscricións dos nenos e nenas que non poden asumir o incremento das cotas nas escolas deportivas de Barbadás.

Botón volver arriba