Eventos

As Curuxeiras celebra San Brais con carpa climatizada

A festa de San Brais nas Curuxeiras celebrarase do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro cun programa de actos relixiosos e festivos e coa instalación dunha carpa climatizada.

Esta estrutura servirá para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente da meteoroloxía.

As Curuxeiras celebra San Brais con carpa climatizada

A programación arrancará o venres 30 de xaneiro coa tradicional Cea de San Brais, prevista para as 21:30 horas. A xornada continuará cun ambiente festivo a partir das 23:30 horas, cando dará comezo a verbena amenizada pola Disco Móbil Show.

O sábado 31 de xaneiro comezará cedo, ás 10:00 horas, cun pasarrúas con charanga polas rúas da localidade. Xa pola tarde, desde as 19:30 horas, haberá festa e verbena coa participación da Disco Móbil Show e da orquestra Panamá, unha das formacións máis recoñecidas do panorama musical galego.

Os actos concluirán o domingo 1 de febreiro, cunha xornada marcada polo carácter relixioso e musical. Ás 13:00 horas celebrarase a misa e procesión na honra de San Brais, seguida ás 13:30 horas dunha sesión vermú coa Disco Móbil Show. Pola tarde, ás 18:00 horas, a música correrá a cargo da orquestra Compostela, que porá o broche final ás festas.

As Curuxeiras celebra San Brais con carpa climatizada

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.