Noticias

A San Silvestre Ourensá cumpre dez edicións con ambiente familiar

Ourense volverá despedir o ano cunha carreira popular que percorrerá as principais rúas do centro o mércores 31 de decembro pola tarde, celebrando a décima edición da San Silvestre Ourensá, xa convertida nun clásico do calendario deportivo local.

A presentación tivo lugar esta mañá no salón de plenos, coa participación do presidente do Consello Municipal de Deportes, Aníbal Pereira; a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco; o presidente do Club Ourense Atletismo, Óscar Seoane; o deputado provincial Jorge Pumar e o coordinador de deporte escolar da Xunta en Ourense, Carlos Bericat.

San Silvestre Ourensá 2025

A proba contará con tres categorías: Absoluta (16.30h), Sub10–Sub12–Sub14 (16.15h) e Pitufos (16.00h), todas con saída desde a rúa do Paseo, xunto á Subdelegación de Defensa.

San Silvestre Ourensá 2025
Foto: Concello de Ourense

As inscricións xa están abertas a través da web Carreiras Galegas ata o 28 de decembro. No caso da categoría absoluta, a cota será de 5 euros ata o 7 de decembro e 7 euros a partir desa data.

O presidente do Club Ourense Atletismo, Óscar Seoane, subliñou o carácter integrador da cita. Asegura que reúne tanto atletas como familias enteiras que participan “para despedir o ano con moitas ilusións e entrar con forzas renovadas no seguinte”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, destacou que a carreira “é xa un clásico” pola súa elevada participación, ao reunir cada ano preto de 1.600 persoas. Ademais, avanzou que un autobús musical animará o inicio da proba. Tamén as luces da rúa do Paseo permanecerán acesas durante o percorrido para reforzar o ambiente festivo.

Percorridos da San Silvestre Ourensá 2025

Pitufos (16.00 h)

  • 100 metros pola rúa do Paseo.

Sub10 – Sub12 – Sub14 (16.15h)

  • Unha volta ao circuíto de 1,25 km.
    Subdelegación de Defensa – Bedoya – Santo Domingo – Praza do Ferro – Rúa da Paz – Rúa das Tendas – Praza Maior – Lamas Carvajal – Rúa do Paseo.

Carreira absoluta (16.30h, 5,25 km)

  • Dúas voltas ao circuíto.
    Paseo (Subdelegación de Defensa) – Bedoya – Parque de San Lázaro – Pérez Serantes – San Francisco – Lúa – Praza do Correxidor – Praza dos Suaves – Cardeal Cisneros – Praza do Trigo – Hernán Cortés – Prieto Nespereira – Lugo – O Vilar – Praza da Ferraría – Cervantes – A Barreira – Praza Maior – Lamas Carvajal – Paseo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.