A alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, será a nova secretaria xeral do PP da provincia de Ourense ó ser proposta a súa designación por Luis Menor.
O 13 de xullo, o PP de Ourense celebrará o 19º Congreso provincial extraordinario. Neste congreso, Luis Menor será nomeado presidente do Partido Popular de Ourense.
Sandra Quintas será a nova secretaria xeral do PP de Ourense
Durante a celebración deste Congreso provincial, Sandra Quintas será designada como secretaria xeral do PP de Ourense tras recibir o apoio de Luis Menor. «É a persoa idónea» indicou Menor sobre a designación da actual alcaldesa de Bande para o posto.
Destacou Luis Menor «a inmensa capacidade de traballo» de Quintas que ademais de alcaldía de Bande ocupa a dirección territorial de Cultura, Lingua e Xuventude. Para Menor, Sandra Quintas ten «unha visión moi ampla do partido, o coñecemento que ten dos representantes populares que ocupan postos de responsabilidade por toda a provincia, e a súa experiencia na administración galega».