Noticias

Ourense impulsa a seguridade viaria entre internos de prisión

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou esta tarde a importancia de promover a cultura da seguridade viaria nos centros penitenciarios como ferramenta para concienciar ao conxunto da sociedade.

Fíxoo na clausura das xornadas organizadas esta semana no Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar con motivo do Día Mundial da Seguridade Viaria. Este encontro celebrouse o pasado martes 10 de xuño.

Ourense impulsa a seguridade viaria entre internos de prisión

Santos subliñou que a educación é clave para garantir unha condución responsable e reducir os riscos nas estradas. “Asumir unha condución segura é comprender a relevancia de cada decisión que se toma ante o volante. O alcohol, as drogas, as distraccións ou o exceso de velocidade non son simples erros, senón condutas neglixentes que poden ter consecuencias fatídicas”, advertiu.

Ourense impulsa a seguridade viaria entre internos de prisión
Foto: Subdelegación do Goberno

Durante o acto, o subdelegado fixo fincapé no obxectivo do Goberno de lograr “cero vítimas” na estrada. “Ese é o único horizonte aceptable e cara el debemos camiñar todos: desde as Administracións, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os centros penitenciarios ata cada cidadán”, afirmou.

Agradeceu especialmente ao director do centro, Francisco González, pola súa iniciativa, así como á Dirección Xeral de Tráfico (DGT), ao Subsector de Tráfico da Garda Civil e á Asociación de Autoescolas de Ourense pola súa implicación na organización.

Desde o luns, os internos participaron en relatorios sobre normativa de tráfico. Tamén se achegarán ó sistema de permiso por puntos, campañas educativas, delitos contra a seguridade viaria, recuperación de puntos e transporte de mercadorías perigosas. A semana pechouse coa intervención de Dani Fernández, vítima dun sinistro viario, e coa proxección do documental Mil sorrisos e un perdón, que emocionou aos asistentes.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.