A localidade de Seixalbo celebra a Festa dos Foros 2024 o sábado, 29 de xuño, cunha intensa programación cultural e gastronómica.
Neste ano 2024, a Festa dos Foros terá tamén actividades no día previo e posterior á xornada central desta celebración.
Seixalbo celebra a Festa dos Foros 2024
Teatro, música, xantar veciñal, percorrido polas adegas ou a entrega do Premio Freire Carril forman parte deste programa cultural.
Venres, 28 de xuño
- 22h – Teatro: Tempo de caciques e de patriarcado no Auditorio de Penouzos (Organiza Agromadas)
Sábado, 29 de xuño
- 12:30h – Sesión vermú co Trío Motobomba
- Xantar Veciñal
- 17:30 a 21:30h – Monitores con actividades para os máis pequenos na Praza do Cabildo
- 19h – Percorrido polas adegas co Cantares da Cuña
- 23h – Concerto de Maskarpone na Praza do Cabildo
- 00H – Fin de Festa con Sacho Dixen na Praza do Cabildo
Domingo, 30 de xuño
- 20h – Entrega do Premio Freire Carril no Local da Asociación de Veciños (Organiza Agromadas)