Eventos

A programación do Seixalbo Cultural 2025 enche o verán de actividades

O ciclo Seixalbo Cultural 2025, organizado pola Asociación Veciñal San Breixo, trae un amplo abano de actividades desde o 6 de xullo ata finais de setembro, con propostas para todos os públicos e unha marcada presenza de entidades locais.

A veciñanza de Seixalbo gozará durante o verán dunha intensa axenda cultural con teatro, música, cinema, actividades infantís e roteiros pola contorna

A programación de Seixalbo Cultural 2025 enche o verán de actividades

Con preto de 500 socios e socias, a Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo volve poñer en marcha unha nova edición do seu Verán Cultural, un programa que leva 38 anos dinamizando a vida sociocultural do barrio e que se ten convertido nun emblema do verán ourensán.

Este evento naceu en 1987 como Semana Cultural, pasou a ser Mes Cultural na súa 30ª edición e, desde o ano pasado, amplía o seu calendario aos catro meses do verán: xuño, xullo, agosto e setembro. Esta nova fórmula responde á crecente demanda de actividades e á necesidade de adaptar as datas segundo a meteoroloxía, xa que a maioría das propostas se realizan ao aire libre.

A programación inclúe música, danza, teatro, actividades deportivas e propostas socioeducativas para todos os públicos, cunha atención especial a persoas maiores, nenos e colectivos vulnerables como a poboación migrante. Un dos momentos máis esperados será, como cada ano, a representación teatral protagonizada polos propios veciños, que esgota as 350 prazas do auditorio ao aire libre de Penouzos.

O Verán Cultural compleméntase coa Festa dos Foros, organizada por Agromadas e a Comisión da Festa dos Foros, o que reforza a colaboración entre entidades locais e converte a Seixalbo nun exemplo de dinamización cultural no rural galego.

Entre as novidades recentes destaca tamén o Trofeo Vila de Seixalbo de fútbol, co apoio do Club Deportivo Seixalbo, que suma ao programa unha dimensión deportiva con grande participación.

A programación de Seixalbo Cultural 2025 enche o verán de actividades

Desde a directiva da AVV San Breixo salientan o esforzo económico dos socios e socias, cuxas cotas fan posible manter viva esta asociación fundada o 23 de xuño de 1979. O Verán Cultural de Seixalbo demostra, edición tras edición, que a cultura é un motor de participación, cohesión e identidade local.

Programación completa do Seixalbo Cultural 2025

Xullo 2025

Sábado 6 de xullo
🕙 22:00h – Auditorio de Penouzos
Inauguración do «Seixalbo Cultural 2025»
Coa participación de José P. Coya, Manuel Garrido, Iago Ráez, Jorge Glez.
Organiza: Esgrima Antiga, Escola Danzas DANTZARI

Xoves 10 de xullo
🕗 20:30h – Local Veciñal de Abelardo Arce
(*) «Alimentación e saúde»
Charla informativa
Relator: Centro Cívico da Cuña

Sábado 12 de xullo
🕔 17:00h – Parque da Infesta
«Día da Rapazada»
Actividade infantil con festa de escuma e xogos tradicionais

Domingo 22 de xullo
🕐 13:00h – Praza das Laxas
«Na honra de San Xoán»
Concerto da Banda de Música Cultural de Barbadás

Luns 23 de xullo
🕘 20:00h – Parque da Infesta
«A Maxia de San Xoán»
Roteiro das Flores e Queimada

Venres 27 de xullo
🕙 22:00h – Auditorio de Penouzos. Teatro
«I Teatro Foros»
Dirixido por Amelia González
Organiza: Asociación Cultural AGROMADAS

Sábado 28 de xullo
🕑 14:00h – Prazas, rúas e canellas de Seixalbo
(*) Festas dos Foros
Xantar veciñal, ruada polas adegas e concerto
Organiza: Comisión Festa dos Foros

Domingo 29 de xullo
🕗 20:00h – Local Veciñal de Abelardo Arce
(*) Premio Ferrer Carrié
Entrega do Premio Ferrer Carrié e Relevo Veciñal
Organiza: Asociación Cultural AGROMADAS


📅 Agosto 2025

Venres 8 de agosto
🕙 22:00h – Auditorio de Penouzos. Cine
«Cine en Familia»
Cine ao aire libre para todos os públicos
Colabora: Clube Padre Feijoo

Sábado 19 de agosto
🕘 10:00h – Colexio de Penouzos
«Obradoiro Esgrima Histórica» (espada 2 mans)
A partir de 12 anos. Aforo limitado, previa inscrición
Colabora: Asociación Ourensá Esgrima Antiga

Sábado 23 de agosto
🕘 10:00h – Auditorio de Penouzos
«Obradoiro de Batucada»
Dirección: Juan Jesús Gómez
Colabora: Os Perqtores

Martes 26 de agosto
🕘 10:00h – Colexio de Penouzos
«Obradoiro Esgrima Histórica» (espada 1 man)
A partir de 12 anos. Aforo limitado, previa inscrición
Colabora: Asociación Ourensá Esgrima Antiga

Venres 30 de agosto
🕕 18:00h – Parque do Carqueixal
«Roteiro Ambiental»
Actividade infantil con paseo polo parque e chocolatada
Colabora: Amigas das Árbores

Sábado 30 de agosto
🕥 10:00h – Estadio do Carqueixal
«Trofeo Vila de Seixalbo»
Encontro de fútbol
Colabora: Club Deportivo Seixalbo

Domingo 31 de agosto
🕜 13:00h – Inauguración de exposicións no Local Veciñal
«O Arte da Mocidade»
Ilustracións de Miguel González Lois e Iván Amilís González


📅 Setembro 2025

Martes 2 de setembro
🕘 09:30h – Barreiros–Praza e Parque da Infesta
«Coñecendo a nosa contorna»
Actividade infantil
Colabora: Centro Cívico de Seixalbo

Domingo 7 de setembro
🕛 12:00h – Exposicións no Local Veciñal
«O Arte da Mocidade»
Ilustracións de Miguel González Lois e Iván Amilís González

Sábado 13 de setembro
🕐 12:30h – Praza do Cabildo
«Convivencia Veciñal»
Mostra de repostería familiar, cea e música para gozar

Domingo 14 de setembro
🕛 12:00h – Exposicións no Local Veciñal
«O Arte da Mocidade»
Ilustracións de Miguel González Lois e Iván Amilís González

Mércores 17 de setembro
🕘 09:30h – Parque da Infesta (saída e remate)
«Andaina solidaria»
Camiñada e solidariedade
Doazón para o Banco de Alimentos

Sábado 20 de setembro
🕙 22:00h – Auditorio de Penouzos. Teatro
«Que paciencia, meu Deus!!!»
Guión e dirección: Marisol Delgado Rodríguez
Teatro: «Ese día sae» da obra: Seixalbo Baiña
Grupo: Meigas T

Domingo 21 de setembro
🕥 10:30h – Parque da Infesta (saída)
«Oculurismo»
Día da bici para toda a familia
Percorrido por Seixalbo e arredores

Venres 26 de setembro
🕕 18:00h – Praza do Cabildo
«Convivencia Intercultural»
Convivencia entre países e culturas distintas
Colabora: Fundación JuanSoñador e Os Perqtores

Sábado 27 de setembro
🕘 19:00h – Parque da Infesta
«Pequeñirros por un día»
Actividade infantil
Colabora: Nacho Delgado

Domingo 28 de setembro (mañá)
🕛 12:00h – Exposicións no Local Veciñal
«O Arte da Mocidade»
Ilustracións de Miguel González Lois e Iván Amilís González

Domingo 28 de setembro (tarde)
🕢 19:30h – Igrexa de San Breixo
«Concerto de Verán»
Grupos vocais e cantigas de Seixalbo
Colabora: Asociación Cultural AGROMADAS e Parroquia Seixalbo

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.