Noticias

Seixalbo quedará con metade de autobuses co novo plan urbano

A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo advertiu que a proposta de novas liñas e horarios presentada pola Alcaldía supón un serio retroceso para a mobilidade do barrio.

O colectivo, presidido por Xosé Carballido Presas, asegura que “Seixalbo perde” e que a herdanza que deixará o alcalde Gonzalo Pérez Jácome en materia de transporte “é nefasta, por moitas piruetas verbais que utilice”.

Seixalbo quedará con metade de autobuses co novo plan urbano

Segundo explican, a reestruturación elimina as actuais liñas 1, 2, 14 e 33, substituíndoas pola nova 2-A, que unirá Santa Cruz de Arrabaldo co Cumial nun percorrido de 20 quilómetros e unha frecuencia de 30 minutos. O plan inclúe tamén a liña 2-B, de traxecto máis curto, entre a Praza 200 e o Tanatorio, pero esta non chega a Seixalbo.

Seixalbo quedará con metade de autobuses co novo plan urbano

A asociación veciñal lembra que, cando expirou a concesión do bus urbano en 2015, Seixalbo dispoñía de 61 frecuencias de ida e outras tantas de volta, cunha media de catro autobuses por hora en cada sentido. Co novo deseño, quedaría reducido a 32 frecuencias en cada dirección, é dicir, dous autobuses por hora, “practicamente a metade desde que o señor Jácome tomou as riendas do Concello”.

Como medida correctora, o colectivo solicita que a liña 2-B prolongue o seu percorrido ata Seixalbo, engadindo dúas paradas que permitirían dar servizo a este núcleo con máis de mil habitantes. “Un pequeno retoque que melloraría substancialmente este plan que nos presentan como vangardista”, indican.

A asociación tamén reclama que se manteñan todas as paradas actuais, incluída a interior, e manifesta a súa intención de seguir con atención a evolución do proxecto. “Se algo pode empeorar, empeorará”, advirten, citando a Lei de Murphy.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.