Do 17 ao 20 de abril de 2025, o concello de Allariz celebra a Semana Santa ao Vivo, unha proposta turística e cultural que combina actividades para todas as idades.
Visitas guiadas, música na rúa, contacontos e un mercado sostible forman parte dun programa que convida a descubrir o patrimonio e o ambiente da vila.
Semana Santa ao Vivo en Allariz: cultura, natureza e música
Roteiros e visitas guiadas todo a semana
O programa inclúe visitas guiadas á Asociación A.N.D.R.E.A., dispoñibles en domingos pola mañá para grupos reducidos.
Tamén se poderán visitar o Museo da Moda, o Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro, con estes horarios:
- Días 12, 13, 17, 18 e 19 de abril: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h
- Días 14, 15, 16 e 20 de abril: de 11:00 a 14:00 h

As visitas guiadas a diferentes espazos históricos e naturais inclúen:
- Roteiro Temático Allariz: 18 e 19 de abril ás 17:00 h
- Visita ao Casco Histórico: 17 de abril ás 19:00 h
- Roteiro Arqueolóxico de Armea e Igrexa Románica de Santa Mariña: 17 e 19 de abril ás 10:30 h
- Roteiro Arqueolóxico de Armea: 18 e 20 de abril ás 11:00 h
- Visita á Granxa, Queixería e Ecospazo de O Rexo: do 17 ao 20 de abril ás 11:30 h
Para participar nestes roteiros é necesario inscribirse previamente.

Contacontos e actividades infantís na Praza de Abaixo
O público infantil contará con sesións de contacontos ás 17:00 h:
- Venres 18 de abril: “Xela, aventura na fraga” con Inma Soto
- Sábado 19 de abril: “Pepa a loba” con Cris Collazo

Mercado da Reserva da Biosfera con produtos locais
O Mercado da Reserva da Biosfera terá lugar na Praza do Matadoiro os días 18 e 19 de abril, de 10:00 a 14:00 h, cunha ampla variedade de produtos artesáns e ecolóxicos da zona.
Concertos e actuacións de rúa no centro histórico
A música tamén será protagonista na Semana Santa ao Vivo, con actuacións de rúa no centro histórico, en horario de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00 h. Participarán:
- Aianai
- Amorodous
- Arroxó
- Deuce
- Erick Lepeich
- Os Dous Porquiños
- Minguante
- Denis Carballás
- Terapia de Grupo

Con esta programación variada, Allariz convértese nun destino ideal para gozar da Semana Santa entre natureza, historia, gastronomía e cultura viva.