O BNG de Ourense denuncia que as familias se atopan sen programas de conciliación nos centros cívicos municipais.
A 1 de outubro, non existe información sobre os programas de conciliación que se recuperarían no cuarto trimestre do ano.
Sen conciliación nos centros cívicos municipais
Lembra o BNG que a concelleira delegada anunciou «que tiñan reserva de cartos para facela efectiva neste cuarto trimestre do ano». A pesar deste anuncio, a concelleira Rhut Reza indicou que «a conciliación foi eliminada tanto no verán de 2023 como no deste ano 2024 e hoxe é 1 de outubro e non hai conciliación nos Centros Cívicos e as familias non podemos anotarnos porque aínda non saíu a convocatoria».
Denuncia a concelleira nacionalista que «estamos diante doutro recorte máis dun Goberno Local que nin cre nos Servizos Sociais, nin cre nas crianzas e moito menos na conciliación das familias».