Noticias

Sentenza favorable aos concertos das Festas de Ourense 2024

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar unha nova sentenza favorable ao Concello de Ourense en relación coa celebración de concertos e actuacións de DJs no centro histórico durante as Festas de Ourense 2024.

A resolución xudicial desestima o recurso de apelación presentado por dous veciños. Esta reclamación xa fora rexeitada anteriormente polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense o pasado 16 de xaneiro de 2025.

Sentenza favorable aos concertos das Festas de Ourense 2024

Na súa demanda, os apelantes alegaban molestias por ruídos derivados destas actividades musicais, invocando unha suposta vulneración de dereitos fundamentais.

Sentenza favorable aos concertos das Festas de Ourense 2024

O alto tribunal galego comparte os argumentos da sentenza de primeira instancia. Subliña que a programación das festas constitúe “un feito puntual por motivos festivos” e non unha situación persistente no tempo. A sentenza lembra que “a persistencia nas molestias, unha vez acreditada, é o que pode fundamentar a vulneración do libre goce do domicilio, algo que neste caso non se produce”.

Por este motivo, o TSXG conclúe que “o recurso de apelación debe ser desestimado”. Confirma así a legalidade da celebración destes eventos no contexto das festas locais.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valorou positivamente o fallo. O rexerdor afirmou que “esta resolución avala a nosa liña de facer compatibles o dereito ao descanso dos veciños coa celebración de eventos festivos na cidade, xa que os tribunais dannos a razón”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.