Deportes

Sete medallas do Sanysec nos lanzamentos galegos

O Sanysec – Club Ourense Atletismo sumou sete medallas na fin de semana que marcou a despedida de xaneiro e a entrada en febreiro, tras a disputa do Campionato Galego de Lanzamentos Longos Máster e do Campionato Galego de Lanzamentos Longos Absoluto e Sub23.

No Campionato Galego de Lanzamentos Longos Máster, a atleta Ana Raquel Revuelta proclamouse vencedora no lanzamento de disco F35, nun concurso moi regular no que asinou un mellor intento de 31.09 metros e non baixou dos 30 en ningún dos seus lanzamentos válidos.

Sete medallas do Sanysec nos lanzamentos galegos

Tamén subiu ao máis alto do podio Javier Domínguez de la Maza, que se impuxo na proba de xavelina M50 (700 gramos) cun rexistro de 41.43 metros, nun concurso moi disputado con José Domínguez, da Atlética A Silva, segundo con 40.66.

Sete medallas do Sanysec nos lanzamentos galegos
Foto: Club Ourense Atletismo

Xa no Campionato Galego de Lanzamentos Longos Absoluto e Sub23, destacou a actuación de Daniel Villanueva, segundo no martelo absoluto cun mellor lanzamento de 52.38 metros, resultado que lle permitiu, ademais, proclamarse campión galego Sub23. No lanzamento de disco, Aitana Capeáns logrou o bronce cunha marca de 37.53, mentres que Sabela Vázquez rematou na sexta posición con 31.34.

No martelo feminino, Irene Conde foi sexta con 39.11 metros, seguida por Alba Arranz, sétima cun lanzamento de 38.92, marca que lle valeu o ouro na categoría Sub23. Pola súa banda, no lanzamento de xavelina, Adriana Ferreiro acadou o bronce grazas a un mellor intento de 32.36 metros, mentres que Antía Calvo foi cuarta cun rexistro de 31.70.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.